Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial – MTI

O Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial - MTI forma parte dos denominados Centros de Apoio á Investigación da Universidade de Vigo.

Estes Centros nacen co obxectivo de favorecer e potenciar as tarefas de investigación e desenvolvemento da Universidade de Vigo, proporcionando equipos e/ou instalacións específicas de alto nivel tecnolóxico, agrupadas por ámbitos.

Neste sentido, o MTI é unha infraestrutura creada para dar soporte e fomento a labores de investigación, desenvolvemento e transferencia no campo das Tecnoloxías e Procesos Industriais.

No Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial - MTI comparten espazo e realizan labores de investigación e de transferencia Grupos de Investigación da Universidade de Vigo relacionados coas áreas de Enxeñería de Fabricación, Física Aplicada, Tecnoloxía Electrónica, Enxeñería Mecánica, Geotecnoloxía, Tecnoloxía Enerxética, Enxeñería Eléctrica, Enxeñería Química e Explotación de Minas, repartidos en dúas plantas de laboratorios e unha planta de talleres.