Applied Power Electronics Technology (APET)

APET ten como obxectivo educar, investigar e difundir coñecemento dentro dos campos xerais da electrónica industrial e as tecnoloxías de enerxía eléctrica, con miras á solución de problemas socialmente relevantes dentro desas tecnoloxías.

O traballo de investigación comprende investigacións teóricas como análises, modelado, simulación, así como traballo experimental como a fabricación de mostras, análises de potencia e control hardware.

Ademais dos proxectos de investigación de financiamento público, un dos focos de APET son actividades de investigación e desenvolvemento en estreita colaboración con empresas nacionais e internacionais dentro das temáticas mencionadas.

APET ofrece tamén cursos de formación profesional adaptados para satisfacer as necesidades dos nosos clientes e aumentar o seu retorno do investimento, para reducir o tempo de inactividade e mellorar as habilidades e a motivación do seu persoal.

Por último, APET ofrece servizos de enxeñería (medición, caracterización, consultoría) para empresas en case todos os campos de actividade.

Investigador principal

Jesús Doval Gandoy

apet 01Liñas investigación

  • Electrónica de potencia
  • Enerxías renovables
  • Calidade da enerxía
  • Accionamientos eléctricos

Proxectos

  • Control de convertidores electrónicos de potencia en microrredes.
  • Técnicas de control de altas prestacións para máquinas polifásicas por medio de convertidores electrónicos de potencia e sua interconexión á rede trifásica de suministro eléctrico.
  • Técnicas de conversión electrónica de potencia multifase multinivel aplicadas a variadores CA e enerxías renovables.

Datos contacto

Teléfono: 986 812 087

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sitio web: apetrg.webs.uvigo.es