Ingeniería de corrosión y materiales

ENCOMAT é un grupo interdisciplinar no que participan profesores das áreas de Ciencia de Materiais e Enxeñaría Metalúrxica, e Enxeñaría Química da Universidade de Vigo.
Os laboratorios do grupo están localizados na EEI, Sede Campus, e neles disponse dun amplo equipamento de técnicas ópticas, mecánicas, térmicas e electroquímicas para caracterización de superficies, interfases, e propiedades masivas dos materiais.

Investigadores principais

Pedro Merino,  X. Ramón Nóvoa

Liñas investigación

  • Control da corrosión por modificación superficial a alta enerxía (implantación iónica, refusión por láser).
  • Control da corrosión por modificación superficial a baixa enerxía (monocapas auto ensambladas, capas sol-xel).
  • Control da corrosión por recubrimentos orgánicos e inorgánicos.
  • Control da corrosión do aceiro en formigón (protección catódica, extracción de cloruros, pasividade).
  • Estudo de aliaxes para usos biomédicos (Ni/Ti, aceiros inoxidables, ...).
  • Desenvolvemento de eléctrodos para baterías Li-ion.
  • Aplicacións industriais da electroquímica.

Proxectos

  • Durable transport infrastructures in the Atlantic Area (DURATINET).
  • Desenvolvemento de novos recubrimientos de conversión con propiedades auto-reparadoras para a protección contra a corrosión de aceiros de alta resistencia.
  • Aliaxes  de aluminio reforzadas con nanopartículas para transporte sustentable: Aliaxe mecánica,  extrusión e soldadura por fricción batida.
  • Materiais base aluminio reforzados de maneira selectiva mediante a técnica de fricción batida: propiedades tribológicas e resistencia á corrosión.
  • Desenvolvemento de novos materiais de construción ecolóxicos baseados en xeopolímeros obtidos a partir de microsílice como materia prima (eGEO).

Datos contacto

Teléfonos: (+34) 986 812 213 | (+34) 986 812 229

Correos electrónicos: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sitio web: encomat.uvigo.es