Nuevos materiales (FA3)

O grupo de investigación "Novos Materiais" iniciou as súas actividades no ano 1982 co estudo de novas técnicas láser con aplicación na industria microelectrónica, fotónica e metalúrxica. Na última década, estas actividades foron ampliadas, dando lugar a diversas liñas de investigación:

  • Biomateriais & Biomedicina.
  • Semiconductores & Procesamento de superficies.
  • Conservación do Patrimonio Cultural.
  • Caracterización de materiais e optimización de procesos.

Tamén conta con experiencia en actividades relacionadas coa "Divulgación da Investigación e a Ciencia", para promover unha maior comprensión das actividades científico-tecnolóxicas e fomentar na sociedade unha cultura científica. O grupo multidiciplinar, que na actualidade está formado por 6 investigadores de persoal e máis de 10 investigadores externos, postdoctorales, técnicos e alumnos de que realizan as súas Teses Doutorais e Proxectos de Master ou Fin de carreira, está recoñecido tanto pola ?Xunta de Galicia? como pola ?Universidade de Vigo? como ?Grupo de Excelencia?. A súa produción científica, froito de contratos con empresas e de proxectos de investigación europeos, nacionais, autonómicos e locais, conta con numerosas publicacións en revistas de recoñecido prestixio internacional, contribucións a congresos e patentes.

Investigadores principais

Pio González, Julia Serra, Stefano Chiussi

Liñas investigación

  • Biomateriales para implantes dentais, óusevos e enxeñería de tecidos.
  • Materiais bioinspirados para implantes, enxeñería de tecidos e deliberación de fármacos.
  • Aplicacións Biomédicas para diagnóstico médico e enxeñería de tecidos.
  • Semiconductores do grupo IV (Si, Ge, SiC, SiGeC, SiGeSn, GePb ... ) para micro- e nano-electronica, fotovoltaica, fotónica, sensores, biomedicina...
  • Funcionalización de superficies para electrónica, fotónica flexible e biomedicina.
  • Limpieza láser para a conservación do patrimonio cultural.
  • Caracterización de superficies, interfases e capas delgadas.
  • Simulación numérica de interacciones láser/materia para optimizar procesos láser.

Proxectos

  • Iberos (POCTEP: Instituto de Bioingeniería en Red para el Envejecimiento Saludable).
  • CVMar+I (POCTEP: Valorización biotecnológica marina).
  • Biofast (IGNICIA - Biofast).

Datos contacto

Teléfono: (+34) 986 130 160

Correos electrónicos: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sitio web: www.facebook.com/NewMaterialsGroup