Ingeniería Química 10 (EQ10)

O grupo de investigación Enxeñería Química 10 (EQ10) é un grupo multidisciplinar creado no ano 2009 na Escola de Enxeñería Industrial e que leva a cabo actividades no ámbito tanto da Tecnoloxía Medio Ambiental como da Tecnoloxía Alimentaria. Desde a súa creación conta coa mención da Xunta de Galicia como "Grupo Emerxente"  ou "Grupo con Potencial de Crecemento". Os dous coordinadores do grupo EQ10 contan con 3 sexenios de investigación, publicaron máis de 100 artigos SCI, presentado máis de 120 comunicacións a congresos, participado en mais de 30 proxectos de I+D e codirixido 9 Teses Doutorais.

Investigadores principais

José Manuel Cruz Freire, Ana Belén Moldes Menduiña

Liñas investigación

  • Aproveitamento de residuos agroindustriais para a obtención de distintos aditivos químicos e/ou alimentarios.
  • Extracción e purificación de produtos biotecnológicos a partir de medios fermentativos.
  • Extracción, purificación, caracterización e aplicación de biosurfactantes, obtidos a partir de bacterias lácticas ou fontes naturais, en industrias alimentarias, cosméticas ou ambientais.
  • Avaliación da capacidade de producir biosurfactantes e bioemulsionantes de diferentes microorganismos.
  • Formulación de bioadsorbentes, baseados no aproveitamento de residuos agroindustriais, para o tratamento de augas e efluentes industriais.
  • Biocorreción de chans contaminados con hidrocarburos aplicando biosurfactantes e/ou microorganismos.
  • Elaboración de envases activos que melloren a conservación de produtos alimentarios perecedoiros, tales como carnes ou peixes.

Proxectos

  • Valorización de correntes residuais procedentes do lavado de millo mediante a purificación e utilización das súas biosurfactantes en produtos de cosmética e coidado persoal.
  • Estudo da eliminación de hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs) en chans e lodos utilizando un biosurfactante producido por Lactobacillus pentosus.
  • Desenvolvemento de polímeros de sinal molecular (Molecular Imprinted Polymers) para a súa aplicación no campo alimentario ? MIPFOOD. Subprograma INNPACTO do Ministerio de Ciencia e Innovación

Datos contacto

Teléfono: (+34) 986 812 022

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sitio web: www.eq10.uvigo.es