Grupo de Explotación de Minas

O grupo de investigación CI5 da Universidade de Vigo está centrado na investigación e desenvolvemento da enxeñería mineira, geotécnica, ambiental e cartográfica e na prevención de riscos laborais.

Desenvolve tamén investigación na caracterización e diagnóstico dos materiais rochosos usados no patrimonio arquitectónico arqueolóxico.

Creouse en 1993. En 2005 foi recoñecido pola Universidade de Vigo como grupo de referencia e, a partir de 2007, a Xunta de Galicia incluíuno entre os grupos consolidados de referencia competitiva.

Investigador principal

Javier Taboada Castro

Liñas investigación

  • Explotación de pizarra.
  • Aplicacións do granito e estudo da deterioración do mesmo no patrimonio e tratamentos de conservación.
  • Extracción de rocas e minerais industriais.
  • Enxeñería xeotécnica e cartográfica.
  • Prevención de riscos laborais.
  • Modelización medioambiental.

Proxectos

  • Estudos do comportamento de macizos rochosos e o seu impacto no deseño de escavacións: investigación da deformación post-rotura e simulación.
  • Optimización da limpeza con láser de patinas desenvolvidas sobre granitos e rocas afíns. Aplicación á conservación do patrimonio.
  • Definición dos protocolos máis eficaces para a desalación e a limpeza de costras negras en granitos ornamentais.
  • Modelización de xacementos de rocas ornamentais.
  • Tecnoloxías xeomáticas integradas para a navegación e visualización 3D en interiores de edificios (indoor nav-view).
  • AGUEDA: Caracterización ambiental e análise de riscos en concas transfronteirizas: proxecto piloto no río Águeda.

Datos contacto

Teléfonos: (+34) 986 813 796 | (+34) 986 811 922

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sitio web: gruposinvestigacion.uvigo.es/gi_es/explotacion-minas-5