Grupo Ingeniería Química, Térmica y Medioambiental (ChETE)

Grupo de investigación multidisciplinar, con dilatada experiencia en actividades de I+D, formado por investigadores de dúas áreas de coñecemento: Enxeñería Química e Máquinas e Motores Térmicos.

O interese común dos membros do grupo é o estudo do proceso de captura de CO2, destinado a reducir/controlar as emisións gasosas ou a buscar novas formas de almacenamento de CO2, e a investigación sobre enerxías renovables (bomba de calor reversible) e a produción de biocombustibles.

Outro aspecto relevante da actividade do grupo é a oferta de asistencia técnica, nos campos da eficiencia enerxética e da análise termográfico de equipos e instalacións, dirixida tanto á industria como a edificación.

Investigadora principal

Estrella Álvarez da Costa

Liñas investigación

  • Captura de CO2: Innovación, control e seguimento.
  • Caracterización fisicoquímica e térmica de fluídos newtonianos e non-newtonianos.
  • Caracterización reológica de alimentos e polímeros.
  • Procesos de separación multifásicos.
  • Aforro e mellora da eficiencia enerxética, de instalacións industriais, de servizos ou residenciais.
  • Análise termográfico de equipos, procesos, instalación e edificación.
  • Estudo de enerxías renovables: Geotermia de baixa temperatura.
  • Combustibles alternativos: Biodiesel de 1ª e 2ª xeración; Bioetanol.
  • Valorización de residuos industriais.

Proxectos

  • Deseño e síntese de novos absorbentes baseados en líquidos iónicos para bombas de calor de absorción de altas prestacións.
  • Aplicación de técnicas de medida non destrutivas na eliminación de contaminantes gaseosos.
  • Optimización enerxética experimental dunha bomba de calor geotérmica reversible para instalacións de produción simultánea de AQS con calefacción ou refrixeración.
  • Caracterización do biodiesel e avaliación da súa compatibilidade en motores baixo condicións controladas en banco de probas.

Datos contacto

Teléfono: (+34) 986 813 789

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sitio web: grupoequea.webnode.es